Páginas


AS COUSAS D@S NEN@S E PARA @S NEN@S, APRÉNDENSE SÓ D@S NEN@S (L. MALAGUZZI)

domingo, 3 de febrero de 2013

TEMPO DE ENTROIDO

 
A COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA OFRÉCENOS ESTES RECURSOS 

martes, 18 de diciembre de 2012

O CRA DE VILABOA XA ESTÁ NA NUBE

No CRA de Vilaboa, no que traballo este curso, estamos participando nun proxecto chamado Rede de Escolas na Nube. É un espazo no que poderemos compartir experienzas e recursos coas compañeiras do noso centro e con outros centros galegos como o CRA Boqueixón-Vedra, o CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso e o CRA Amencer de Ribadavia.
 

martes, 11 de diciembre de 2012

ARCIMBOLDO E O OUTONO

Estou a traballar no cole coas obras de arte de Giuseppe Arcimboldo. é coñecido polas súas representacións manieristas do rostro humán a partir de flores, froitas, plantas, animais ou obxetos. Arcimboldo pintaba representacións destes obxetos no lienzo, colocados de tal maneira que todo o conxunto tiña unha semellanza recoñecible co suxeito retratado.
 Comezamos coa composición do OUTONO, na que elaboramos un collage para coñecer as froitas desta estación. Tan só tedes que facer unha foto de perfil d@s vos@s nen@s e buscar debuxos de froitas para que pinten ou recortes de publicidade de supermercados. Tamén podedes añadir follas pintadas e estampacións con esponxas. Este é o meu retrato de outono!

lunes, 19 de noviembre de 2012

UN POUQUIÑO DE ARTE

NAS AULAS DA ESCOLA DE BARCIELA, ONDE TRABALLO ACTUALMENTE, ESTIVEMOS OBSERVANDO O CADRO DE EDVARD MUNCH "EL GRITO".
ENCANTOUNOS INVESTIGAR AS FIGURAS QUE SE ESCONDEN NESTE CADRO, POR QUE GRITA ESTA PERSOAXE E DESCUBRIR AS CORES DO MESMO. PINTÁMOLO CON ACUARELA PORQUE ESTAMOS A INVESTIGAR A AUGA. TAMÉN DECIDIMOS QUE NOS GUSTARÍA BERRAR COMO NO CADRO E SACAMOS FOTOS BERRANDO. DESPOIS, FIXEMOS UN COLLAGE COAS NOSAS FOTOS.
DEIXOVOS A IMAXE DO CADRO PARA COLOREAR E O COLLAGE QUE FIXEN C@S MEUS NEN@S. ESPERO QUE VOS ANIMEDES A BERRAAAAAAAR!



viernes, 5 de octubre de 2012

infantil

en

galego

NESTA WEB DA RADIO TELEVIÓN DE GALICIA PODEDES ATOPAR RECURSIÑOS EN GALEGO: OS CONTOS NO CAMIÑO, OS BOLECHAS, XOGOS, CONTOS E ADIVIÑAS DOS QUE PODEDES DESFRUTAR.

http://www.crtvg.es/infantil
NESTE ENLACE PODEDES VER OS CONTOS DO CAMIÑO  QUE é unha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.

 CONTOS DO CAMIÑO