Páginas


AS COUSAS D@S NEN@S E PARA @S NEN@S, APRÉNDENSE SÓ D@S NEN@S (L. MALAGUZZI)

martes, 18 de diciembre de 2012

O CRA DE VILABOA XA ESTÁ NA NUBE

No CRA de Vilaboa, no que traballo este curso, estamos participando nun proxecto chamado Rede de Escolas na Nube. É un espazo no que poderemos compartir experienzas e recursos coas compañeiras do noso centro e con outros centros galegos como o CRA Boqueixón-Vedra, o CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso e o CRA Amencer de Ribadavia.
 

martes, 11 de diciembre de 2012

ARCIMBOLDO E O OUTONO

Estou a traballar no cole coas obras de arte de Giuseppe Arcimboldo. é coñecido polas súas representacións manieristas do rostro humán a partir de flores, froitas, plantas, animais ou obxetos. Arcimboldo pintaba representacións destes obxetos no lienzo, colocados de tal maneira que todo o conxunto tiña unha semellanza recoñecible co suxeito retratado.
 Comezamos coa composición do OUTONO, na que elaboramos un collage para coñecer as froitas desta estación. Tan só tedes que facer unha foto de perfil d@s vos@s nen@s e buscar debuxos de froitas para que pinten ou recortes de publicidade de supermercados. Tamén podedes añadir follas pintadas e estampacións con esponxas. Este é o meu retrato de outono!

lunes, 19 de noviembre de 2012

UN POUQUIÑO DE ARTE

NAS AULAS DA ESCOLA DE BARCIELA, ONDE TRABALLO ACTUALMENTE, ESTIVEMOS OBSERVANDO O CADRO DE EDVARD MUNCH "EL GRITO".
ENCANTOUNOS INVESTIGAR AS FIGURAS QUE SE ESCONDEN NESTE CADRO, POR QUE GRITA ESTA PERSOAXE E DESCUBRIR AS CORES DO MESMO. PINTÁMOLO CON ACUARELA PORQUE ESTAMOS A INVESTIGAR A AUGA. TAMÉN DECIDIMOS QUE NOS GUSTARÍA BERRAR COMO NO CADRO E SACAMOS FOTOS BERRANDO. DESPOIS, FIXEMOS UN COLLAGE COAS NOSAS FOTOS.
DEIXOVOS A IMAXE DO CADRO PARA COLOREAR E O COLLAGE QUE FIXEN C@S MEUS NEN@S. ESPERO QUE VOS ANIMEDES A BERRAAAAAAAR!



viernes, 5 de octubre de 2012

infantil

en

galego

NESTA WEB DA RADIO TELEVIÓN DE GALICIA PODEDES ATOPAR RECURSIÑOS EN GALEGO: OS CONTOS NO CAMIÑO, OS BOLECHAS, XOGOS, CONTOS E ADIVIÑAS DOS QUE PODEDES DESFRUTAR.

http://www.crtvg.es/infantil
NESTE ENLACE PODEDES VER OS CONTOS DO CAMIÑO  QUE é unha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.

 CONTOS DO CAMIÑO

domingo, 16 de septiembre de 2012

VIDEOS E CONTOS DIVERTIDOS

Grazas a Belén Junquera por este recurso tan diver para traansformar ós nen@s protagonistas de videos e tamén a nós mesmos. 
http://www.storybots.com

miércoles, 12 de septiembre de 2012

PROXECTO DA AUGA


ESTE ANO IMOS TRABALLAR SOBRE A AUGA. DEIXOVOS NESTE PEQUENO RECUNCHIÑO ALGÚNS RECURSOS QUE COÑECEMOS E COMPARTIMOS.


























COMEZA O NOVO CURSO

HOLA A TOD@S
COMEZO O NOVO CURSO, CHEA DE ILUSIÓN E ENERXÍA
ESTE ANO COMEZO UNHA NOVA AVENTURA NUN COLE MOI ESPECIAL. TRÁTASE DO CRA DE VILABOA. DEIXOVOS AQUÍ A SÚA WEB PARA QUE VEXADES ONDE ESTÁ SITUADO, CALES SON AS SÚAS AULAS E COMO SE TRABALLA NESTE FERMOSO LUGAR DA RÍA DE VIGO.

CRA DE VILABOA

ESTE ANO COLABORAREI COAS MIÑAS COMPAÑEIRAS, MAICA E FINA NO BLOGUE DA ESCOLA DE BARCIELA E CON BEGO E BEA NO BLOGUE DA ESCOLA DE POUSADA. ESTE É O ENLACE A DITOS BLOGUES.

BLOGUE DA ESCOLA DE BARCIELA



BLOGUE DA ESCOLA DE POUSADA