XOGAMOS A CONSTRUIR...
viernes, 9 de diciembre de 2011
RECURSIÑOS DE NADAL
O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.
No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos.
http://www.apalpador.com/

Mañá é dia de cachela,
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas
¡APALPABARRIGAS SON
APALPO BARRIGAS COA MIÑA MAN
DOS NENOS E NENASQUE COMEN SAN!
Hoxe é noite de Nadal,
vaite ninín á camiña
que vai vir o apalpador
a palparte a barriguiña.
LIM DO CONTO O APALPADOR
LIM DO CONTO ANTÓN E O APALPADOR
DENDE A COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROPÓÑENSE OS SEGUINTES RECURSOS PARA O NADAL 2012 QUE PODEDES CONSULATAR NA SEGUINTE LIGAZÓN
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/recursos/index.php?ancho=1280&alto=800

domingo, 27 de noviembre de 2011
OS DUENDES DE OUTONO XA ESTÁN AQUÍ
Este ano traballo como mestra de apoio en 8 aulas maravillosas, situadas nas parroquias de Salceda de Caselas (Barreiro, Budiño, Entenza, Fontán, Picoña, Revolta, Sanxurxo e Soutelo)Nalgunhas destas aulas convertímonos en duendes. Comparto con tod@s vos as imaxes dos duendes para que poidades imprimilas e crear os vosos duendes. Rápido que xa se acaba o outono!
sábado, 5 de noviembre de 2011
lunes, 31 de octubre de 2011
EN SAMAÍN DOS MEDOS AOS MONSTRUOS @S NEN@S SE RÍN
EN SAMAÍN OS NOSOS MEDOS DÉIXANSE SAIR
E EN MONSTRUOS CONVERTIDOS ÍMONOS RIR
¡BENVIDA!
HOLA A TO@S!
ESTE NOVO BLOGUE PRETENDE SER UN BANCO DE RECURSOS PARA O PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL. NEL TENTAREI ORGANIZAR E COMPARTIR ENLACES, ÁLBUMES PICASA, LIBROS MULTIMEDIA INTERACTIVOS, VIDEOS.....E MOITAS EXPERIENZAS ENRIQUECEDORAS!
ESPERO QUE VOS GUSTE E QUE VOS ABRA UNHA PORTA E UN NOVO CAMIÑO Á MIÑA ESPIRAL DE CORES QUE ESTÁ IMPACIENTE POR COMEZAR A XIRAR E XIRAR.....POR ESTE ESPAZO SIDERAL, QUE É A REDE DE INTERNET!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)